Hoxe vimos en clase unha escena de O Lago dos Cisnes protagonizada nada menos que por Nureyev (1938-1993). Gustounos moito a historia do príncipe Sigfrido e das princesas Odette e Odile, pero aínda mais a música de Chaikovski.
Este é o blogue d@s nen@s que comezaron no C.E.P. Xosé María Brea Segade o curso 2015-2016.
terça-feira, 22 de setembro de 2015
quarta-feira, 16 de setembro de 2015
O noso xardín.
Como fai moi mal tempo e non pudemos ir traballar á nosa leira, plantamos uns bulbos para ter dentro duns meses un pequeno xardín. Haberá que cuidar moito as nosas macetas.
Artistas quincenais I
Cada quince días imos ter tres artistas da historia da música, da literatura e das belas artes acompañándonos dentro da aula. Estas primeiras semanas os invitados son Piotr Chaikovski, Fidra Kahlo e Sherlock Holmes.
As súas fotografías xa están no recanto das rutinas.
As súas fotografías xa están no recanto das rutinas.
Na tarde do mércores gozamos coa escoita da música de Chaikovski, O Quebranoces, nunha versión en deseños animados rusos.
A versión que vimos en clase é a titulada Shchelkunchik (O quebranoces) de B. Stepantsev, 1973. Tratase dunha película de culto cuxo argumento é moi fiel ao conto orixinal no que se inspirou Chaikovski, O Quebranoces e o rei dos ratos de E.T.A. Hoffmann.
Subscrever:
Mensagens (Atom)