terça-feira, 22 de setembro de 2015

O lago dos cisnes.

Hoxe vimos en clase unha escena de O Lago dos Cisnes protagonizada nada menos que por Nureyev (1938-1993). Gustounos moito a historia do príncipe Sigfrido e das princesas Odette e Odile, pero aínda mais a música de Chaikovski.


quarta-feira, 16 de setembro de 2015

O noso xardín.

Como fai moi mal tempo e non pudemos ir traballar á nosa leira, plantamos uns bulbos para ter dentro duns meses un pequeno xardín. Haberá que cuidar moito as nosas macetas.




Artistas quincenais I

Cada quince días imos ter tres artistas da historia da música, da literatura e das belas artes acompañándonos dentro da aula. Estas primeiras semanas os invitados son Piotr Chaikovski, Fidra Kahlo e Sherlock Holmes. 

As súas fotografías xa están no recanto das rutinas.




Na tarde do mércores gozamos coa escoita da música de Chaikovski, O Quebranoces, nunha versión en deseños animados rusos.


A versión que vimos en clase é a titulada Shchelkunchik (O quebranoces) de B. Stepantsev, 1973. Tratase dunha película de culto cuxo argumento é moi fiel ao conto orixinal no que se inspirou Chaikovski, O Quebranoces e o rei dos ratos de E.T.A. Hoffmann. 

terça-feira, 15 de setembro de 2015

Chegou o día. Xa somos alumn@s de primaria!

 
 Na fila por primeira vez.

Alejandra.

Rafael.

Lucía B.

Lucía H.

Salma.

Rubén.

Mikel.

Nicolás.

Saúl.

Dália.

Noa.

Rita.

Ese día faltou Lara, mais xa estamos tod@s.


PRIMEIRO